Día de nubes e claros en Compostela

Día de nubes e claros en Compostela
Día de nubes e claros en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 14 e os 22 graos

Galicia quedará durante esta xornada nunha área atmosférica mais estable. Isto fará que a xornada comece con algúns bancos de néboa e puntos con nubes baixas, pero en xeral veremos un día con nubes de tipo medio e alto. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moi frouxos, do sueste pola mañá, variables o resto da xornada.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o luns pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios