Galicia rexistra 146 contaxios novos e 40 persoas en unidades de críticos

Galicia rexistra 146 contaxios novos e 40 persoas en unidades de críticos
Galicia rexistra 146 contaxios novos e 40 persoas en unidades de críticos

A día de hoxe hai 3.605 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.754 deles 1.005 son da área da Coruña, 727 da de Lugo, 391 da de Ourense, 248 da de Pontevedra, 575 da área de Vigo, 640 da de Santiago e 168 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 109 en unidades de hospitalización e 3.605 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 174.727 persoas curadas, rexistrándose 2.604 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.788.598.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.230.385.

Comentarios
Lo más