Bugallo visita o "Festival intercultural Compostela Convive"

Bugallo visita o "Festival intercultural Compostela Convive"
Bugallo visita o "Festival intercultural Compostela Convive"

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou este domingo o Festival intercultural Compostela Convive, que se celebrou na Alameda, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández; entidade organizadora do evento, no que colabora o concello compostelá.


No festival, ao que asistiron un gran número de persoas, puidéronse probar de balde comidas típicas de Paraguai, México, Colombia, Venezuela, Ecuador e República Dominicana; nun evento acompañado de música e no que se cumpriron as máis estritas medidas de seguridade.Segundo destacou o alcalde, "é unha oportunidade extraordinaria" para fomentar a convivencia, "e que compartan co resto da cidadanía de Santiago e co turismo, a súa cultura, a súa cociña, a súa música". Para Sánchez Bullallo é importante "que estas persoas se sintan parte de Santiago", porque "Santiago enríquecese coa súa presenza.

Compostela Convive é un programa intercultural da Plataforma polo Emprego, no que colabora a concellaría de Políticas Sociais, que ten como obxectivo visibilizar e sensibilizar sobre a realidade e diversidade cultural do municipio, potenciar os lazos entre o movimento asociativo e, sobre todo, promocionar a convivencia e coñecemento doutras culturas diferentes. 

Comentarios