Mila Castro garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez

Mila Castro garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez
Mila Castro garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, destacou a volta paulatina á normalidade no subministro de auga á cidade de Santiago, despois da suspensión, o sábado, da captación de auga do Tambre por parte da ETAP, debido a unha vertedura de puríns. A concelleira garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez, debido, sinala, a "ese tempo que a planta de tratamento estivo parada, e a esa baixada de nivel dos depósitos".


Para quitarlle esa turbidez cómpre deixala correr, coa billa aberta. Se non fora suficiente, a recomendación é chamar ao teléfono habilitado pola empresa concesionaria, 900 201 250, para que se desplacen a zona e realicen unha purga das canalizacións.

A concelleira engade que esa decisión de parar a captación, co obxectivo de garantir a salubridade da auga, levou consigo "un risco de desabastecemento", xa que non "caso de que os depósitos se vaciasen", habería que cortar a auga. Unha decisións que se tomou porque a auga do río "non reunía as condicións, nin sequera para ser tratada". Mila Castro explicou que desde a empresa concesionaria estivéronse a facer "analíticas de seguido, e ata que se viu que os parámetros eran aceptables, non se abriu a planta".

Sobre as oito e media da tarde reiniciouse de novo a captación desde o río Tambre, debido a esa mellora dos parámetros de calidade da auga. Pero, en todo momento, desde o concello tomáronse as medidas necesarias para garantir o abastecemento, con dous camións cisterna "un colocado en Carlos Maside, e outro na rotonda da Av. da Coruña, en Meixonfrío, por se se producía algún corte puntual no caso de que os depósitos se vaciasen", segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente.

Mila Castro realizou estas declaracións despois de asistir á visita ao festival intercultural Compostela Convive, na Alameda de Santiago. 

Comentarios