A chuvia volve a Compostela

A chuvia volve a Compostela
A chuvia volve a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 27 graos 

O luns o centro de baixas presións irase achegando a Galicia, polo que a inestabilidade atmosférica irá en aumento co avance do día. Así, comezaremos con ceos con nubes altas e a partir do mediodía comezaranse a formar nubes de evolución que deixarán chuvascos de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas descenderán, agás no norte de Lugo, onde experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

En Santiago, teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións do luns pola noite ó martes pola tarde e o mércores pola tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios