A pesar das chuvias, non se prevén cortes no suministro de auga

A pesar das chuvias, non se prevén cortes no suministro de auga
A pesar das chuvias, non se prevén cortes no suministro de auga

A pesar da posible turbidez a auga é potable

Despois da suspensión, este sábado, da captación de auga do Tambre por parte da ETAP, debido a unha vertedura de puríns.

 O Concello de Santiago informou este luns de que:

- A auga da billa será SEMPRE potable e apta para o consumo humano, aínda que presente algúns niveis de turbidez.

- Ante as posibles chuvias que se esperan para este luns 13 de setembro, é probable que se volva interromper a captación de auga, pero NON SE PREVÉN CORTES DE SUBMINISTRACIÓN, ao estar os depósitos ao 100% da súa capacidade.

- Pregamos á cidanía que non faga acopio de auga e que priorice o consumo humano.

- Se alguén detecta algún tipo de incidencia, pode contactar con Viaqua no teléfono gratuíto (24 horas) 900 201 250. 

Comentarios