A Xunta formará e dará opción a traballar a 184 persoas desempregadas na comarca de Santiago grazas a un investimento de 3,5M€

A Xunta formará e dará opción a traballar a 184 persoas desempregadas na comarca de Santiago grazas a un investimento de 3,5M€
A Xunta formará e dará opción a traballar a 184 persoas desempregadas na comarca de Santiago grazas a un investimento de 3,5M€

O Goberno galego destina este ano un orzamento 11,3 millóns de euros para os obradorios duais e os de garantía xuvenil da provincia é o máis alto da década

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura do obradoiro de emprego dual de Oleiros, que este ano formou a 20 persoas en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría e en operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

Trenor felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. Neste senso, lembrou que os participantes combinaron un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. “O obxectivo – incidiu - é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.

Na clausura o delegado da Xunta informou tamén da resolución completa dos novos obradoiros de emprego dirixidos aos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para o ano 2021-2022 que permitirá a realización dun total de 11 talleres na comarca da Coruña, dos cales 9 deles son de carácter dual ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 2 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego na área da Coruña máis de 3,8 millóns de euros
Os obradoiros duais serán os Abegondo, compartido Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada; Aranga, compartido con Irixoa, Monfero e Vilarmaior; Arteixo; Betanzos, compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Cambre; Culleredo, compartido con A Coruña; Miño, compartido con Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume; Oleiros e Oza Cesuras, compartido con Coirós. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en A Coruña, compartido con Culleredo e en Arteixo.

Estes obradoiros permitirán que un total de 184 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.
Trenor destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”. Una vez rematados, dixo, “contemplan a opción de traballar nunha empresa da contorna, a xornada completa, por un mínimo de tres meses, a través dos incentivos á contratación concedidos desde a Administración autonómica”.

Ampliación da convocatoria

A Xunta vén de reforzar a convocatoria deste ano de obradoiros , co seu maior orzamento da década, o maior número de accións e de persoas beneficiarias. Na actual convocatoria se acadan múltiples cifras récord: en canto a orzamento, o maior da década o que permitrá desenvolver un total de 33 actuacións na provincia entre obradoiros duais e de garantía xuveníl cun investimento de máis de 11,3 millóns de euros.


Máis que formación

As persoas desempregadas que participan nestes programas -desenvolvidos por concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal- poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez remata o obradoiro, teñen oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación.

Con esta ferramenta incídese ademais na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

Comentarios