Luz verde ao aluguer temporal do inmoble que albergará as oficinas provisionais de Medio Rural e de Parques e Xardíns

Luz verde ao aluguer temporal do inmoble que albergará as oficinas provisionais de Medio Rural e de Parques e Xardíns
Luz verde ao aluguer temporal do inmoble que albergará as oficinas provisionais de Medio Rural e de Parques e Xardíns

A Xunta de Goberno Local aprobou, nunha reunión extraordinaria, alugar á empresa Desproi Promociones un inmoble que se destinará á ubicación dos servizos de parques e xardíns e medio rural de xeito temporal, e polo periodo de execución das obras das novas instalacións sitas no recinto ferial de Amio. Tamén se lle deu luz verde ao traslado do persoal téncio e administrativo destes departamentos ás novas instalacións.

O prazo de duración do aluguer deste espazo, sito na República Checa, estímase en catro meses, que poderán prorrogarse ata que os novos espazos de traballo estean operativos.


Por outra banda, acordouse solicitar as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2021 destinadas ás entidades locais.

A solicitude desta subvención e a aceptación da súa posterior concesión non supón ningún gasto para o Concello de Santiago de Compostela, posto que os gastos xa foron realizados pola Fundación Refuxio de Animais como consecuencia das súas competencias. O importe máximo desta subvención é de 38.300 euros.

O executivo municipal tamen aprobou a convocatoria de concesión das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do Concello de Santiago "Bonos Corazón Compostela"; da que está previsto que informe o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o próximo xoves. 

Comentarios
Lo más