Continúa o tempo inestable en Compostela

Continúa o tempo inestable en Compostela
Continúa o tempo inestable en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 23 graos

O mércores Galicia quedará nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, pero con aire frío nas capas altas da atmosfera. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente norte, frouxo pola mañá aumentando a moderado pola tarde.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o mércores pola tarde e o venres pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más