O Pino destina 61.700 euros para subvencións ás asociacións municipais

O Pino destina 61.700 euros para subvencións ás asociacións municipais
O Pino destina 61.700 euros para subvencións ás asociacións municipais


A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, educativas, deportivas e de patrimonio histórico



O Boletín Oficial da Provincia publicou o extracto da convocatoria para a concesión de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do Concello do Pino para o presente exercicio 2021. A convocatoria diríxese ás entidades veciñais, culturais, educativas, deportivas e de patrimonio histórico, co obxecto de promover e apoiar estas entidades como ferramentas activadoras e catalizadoras da participación cidadá. O Concello destina a estas axudas un total de 61.700 euros de fondos propios.

Destas axudas poden beneficiarse as as escolas unitarias e o CPI Camiño de Santiago, a ANPA; as entidades, sociedades ou asociacións culturais e deportivas, e tamén as igrexas parroquiais (estas nas axudas para a conservación do patrimonio).

A solicitude presentarase no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación do extracto desta convocatoria no BOP, isto é, do 15 ao 28 de setembro de 2021. Aquelas entidades que resulten beneficiadas con algunha destas subvencións deberán presentar a xustificación do gasto antes do 15 de decembro deste ano.

Comentarios
Lo más