Máis de 10 multas por un botellón na contorna dun cemiterio de Vedra

Máis de 10 multas por un botellón na contorna dun cemiterio de Vedra
Imaxe de arquivo
Máis de 10 multas por un botellón na contorna dun cemiterio de Vedra

Desde o concello pídese extremar a precaución e respectar as normativas autonómicas de prevención da Covid.

O concello de Vedra mostra a súa preocupación polas reunións de madrugas que incumpren as normativas sanitarias. Lembran que este tipo de actuacións poñen en risco a toda a poboación.

Hai unhas semanas a garda Civil tivo que actuar de madrugada no cemiterio de San Mamede de Ribadulla ao recibir unha chamada da Central Operativa de Servizos. Ao chegar, pasadas as 4.30 da madrugada, atopáronse con máis de 30 persoas reunidas na explanada, algunhas das cales votaron a correr.

A Garda Civil identificou a máis de 10 persoas das que o Concello de Vedra está tramitando as respectivas multas. Según o relato dos denunciados, dirixíronse alí tras pechar un local de ocio nocturno de Ponte Ulla. As denuncias foron interpostas por incumprir a normativa que limita o número de persoas nas reunións, tanto en interior como exterior.

Desde o concello chámase á prudencia e ao cumprimento das normas sanitarias. Pídese aos veciños que colaboren tamén para detectar este tipo de feitos que poñen en risco a toda a poboación.

Comentarios