Os equipos de emerxencia traballan na sufocación dun incendio nunha nave industrial en Padrón

Os equipos de emerxencia traballan na sufocación dun incendio nunha nave industrial en Padrón
Os equipos de emerxencia traballan na sufocación dun incendio nunha nave industrial en Padrón

Os equipos de extinción traballan, arestora, na extinción dun lume que afecta á zona de fundición dunha fábrica, en Padrón.

Pasadas as catro e media da madrugada, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que alertaba dun incendio no interior dunha nave industrial, na estrada de Padrón cara Noia. Na mesma comunicación, o particular afirmaba que non había persoas feridas.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) comunicáronlle os datos aos Bombeiros de Boiro, aos membros do GES de Padrón, á Garda Civil e, por precaución, ao persoal sanitario.

Polo momento, os efectivos de emerxencias alí desprazados confirmáronlle ao 112 que as lapas están controladas e confinadas nun silo de filtros de fume, sen que se chegasen a propagar, e as cales están refrixerando dende o exterior.

Comentarios
Lo más