A DXT súmase ao Xacobeo para lograr un Camiño de Santiago máis seguro

A DXT súmase ao Xacobeo para lograr un Camiño de Santiago máis seguro
A DXT súmase ao Xacobeo para lograr un Camiño de Santiago máis seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou co director xeral da DXT, Pere Navarro, o protocolo de actuación “Camiño de Santiago, Camiño Seguro”, co que se pretende informar aos peregrinos sobre as medidas que contribúan a garantir a súa seguridade e evitar e previr os riscos en puntos conflitivos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co director xeral de Tráfico, Pere Navarro, o protocolo de actuación Camiño de Santiago, Camiño seguro, para facer máis seguro o camiño dos peregrinos neste Xacobeo 21-22. Ao acto tamén acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Vilanueva.

Desta forma, con esta colaboración preténdese informar e sensibilizar aos peregrinos en materia de seguridade viaria cunha guía de consellos e unha campaña específica e poñer en marcha actuacións co obxectivo de evitar e previr riscos en puntos conflitivos facilitando a convivencia entre os camiñantes e os vehículos.

Ademais, facilitarase a conexión entre as páxinas web e aplicacións do Camiño de Santiago da Xunta e a da DXT para compartir os datos actualizados sobre os itinerarios das distintas rutas ou incidentes nos seus puntos críticos e, en xeral, información relacionada coa seguridade dos peregrinos.

Alfonso Rueda destacou a importancia da colaboración entre as institucións en iniciativas como este protocolo para contribuír unha peregrinación máis segura. Nesta liña, lembrou que a seguridade é un dos piares das actuacións da Xunta nos Plans Directores e Estratéxicos do Camiño de Santiago. Así, no marco do Plan Estratéxico Xacobeo, o Goberno galego leva investidos máis de 14 millóns de euros en melloras nas entradas do Camiño de Santiago na cidade compostelá e nas interseccións entre as rutas e as estradas autonómicas.


A Xunta leva tempo traballando no acondicionamento, a sinalización e o embelecemento do Camiño de Santiago para ofrecer a mellor imaxe de Galicia aos peregrinos e garantir un Camiño Seguro. Do mesmo xeito, estanse a realizar melloras nos albergues da rede pública, que ademais dispoñen dun protocolo anticovid e con profesionais formados en medidas de prevención ante a pandemia. Ademais, o seguro coronavirus contribuíu a recuperar a confianza de turistas e peregrinos ao ofrecer de maneira pioneira a tranquilidade de ter cubertos os gastos sanitarios e de aloxamento ante unha infección por covid-19.O vicepresidente primeiro da Xunta explicou que estas medidas destinadas a contar cun Camiño seguro e promover Galicia como destino seguro e de calidade calaron nos viaxeiros como reflicten os datos de afluencia turística, superando tódalas expectativas neste verán e facendo que Galicia estea de moda neste Xacobeo.
Así, en agosto superáronse as cifras de xullo que xa foran moi positivas, cun 80% de visitantes máis que en 2020 e 20 puntos por riba da media nacional respecto a 2019. En canto á reactivación da peregrinación, tódalas medidas a prol dun Camiño seguro axudaron a que no que vai de ano xa se selaran máis de 115.600 Compostelas e manter o obxectivo de pechar o ano por riba das 140.000. 
Comentarios
Lo más