O venres deixará chuvia en Compostela

O venres deixará chuvia en Compostela
O venres deixará chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 21 graos

Unha fronte chegará a Galicia polo noroeste durante a mañá e irase desprazando cara ao sueste co avance do día. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvias que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que a partir do mediodía irán chegando ao resto da Comunidade. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán pola mañá do sudoeste, rolando a noroeste ó paso da fronte, frouxos en xeral, moderados na costa.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o venres pola mañá, o venres pola noite e o domingo pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más