O novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona

O novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona
O novo servizo municipal de emerxencias de Noia permite mellorar a eficacia nas intervencións da zona

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos deste servizo que atende as incidencias dos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos 12 efectivos do servizo municipal de emerxencias de Noia, e destacou que a posta en funcionamento este ano deste grupo para atender as incidencias de Noia, Porto do Son e Lousame, contribúe a reducir os tempos de resposta na zona e a mellorar a cobertura cunha intervención máis áxil e eficiente.

O servizo municipal de Noia permitiu mellorar a cobertura das incidencias nestes municipios, xa que ata agora o concello noiés estaba cuberto polo GES en Brión. Ademais, dá cobertura a Porto do Son, que non se atopaba no ámbito de ningún grupo e liberouse a atención do GES de Brión que abarca unha poboación atendida por riba da media. Este grupo tamén pode ser mobilizado para o concello de Outes cando sexan o medio máis próximo a emerxencia ou para calquera outro municipio no caso de activación dun plan autonómico de Protección Civil.

Santiago Villanueva lembrou a creación deste grupo aprobouse este ano na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES), que integran a Xunta, as Deputacións Provinciais e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), xunto con outros 5 GES na comunidade galega: 2 en Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e 3 na provincia de Pontevedra con bases en A Lama, A Cañiza e Mos/Redondela, este último cunha subsede en cada un dos dous municipios.

Co novo mapa de emerxencias contribúese a completar o mapa de emerxencias de Galicia, que na actualidade conta con 29 GES e 4 servizos municipais como o de Noia. A posta en marcha novos GES supón un incremento de 300.000 euros do investimento anual da Xunta nestes servizos ata os 4,8 millóns de euros, máis da metade do seu custo anual.

A Administración autonómica mantén a súa implicación na dotación de equipamento aos servizos de emerxencias das entidades locais, tanto GES como Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, aos que destinou nos últimos anos 17,5 millóns de euros.

A Xunta leva investidos máis de 247.200 euros nos últimos anos na dotación de material para este servizo con base en Noia, entre eles dous furgóns ou un remolque de emerxencias. Tamén se inclúe o vehículo autobomba urbana lixeiro estreito entregado este ano e dotado con case 150.000 euros para levar a cabo unha primeira intervención en incendios en zonas de difícil acceso, así como en labores de salvamento.

Ademais, a Administración autonómica convoca cada ano dúas ordes de axudas para mellorar o equipamento e para os gastos de funcionamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), que no caso da de Noia ascende a máis de 32.400 euros o investimento realizado nos últimos anos.

Comentarios
Lo más