As asociacións de FEGADACE chegan a Santiago ‘Camiñando polo dano cerebral’

As asociacións de FEGADACE chegan a Santiago ‘Camiñando polo dano cerebral’
As asociacións de FEGADACE chegan a Santiago ‘Camiñando polo dano cerebral’

200 membros de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela percorreron o último tramo da derradeira etapa da ruta a Compostela

O proxecto ‘Camiñando polo dano cerebral’ achégase ao seu fin, o 24 de setembro. Trala celebración do ‘Trail e andaina solidaria’ do domingo en Ourense, só quedan programadas catro charlas informativas e a actividade que culminará esta iniciativa: o percorrido da última etapa do Camiño de Santiago por parte das asociacións de FEGADACE.


As persoas con dano cerebral foron as protagonistas desta actividade. Grupos procedentes das cinco asociacións de FEGADACE fixeron xuntos un tramo da última etapa do Camiño, ata a Praza do Obradoiro, para logo gozaren dun xantar conxunto no Parque de Galeras. .


O punto de encontro e de partida foi Salgueiriños, onde chegaron pola mañá os vehículos adaptados procedentes da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e diversos puntos da comarca de Santiago. Participaron en torno a 200 persoas, na súa maioría usuarias dasasociacións, pero tamén profesionais, voluntarias e familiares.


O percorrido, dadas as obras que obstaculizan parte do tramo final do Camiño, saiu de Salgueiriños ás 11:00, desprazándose pola avenida de Xoán XXIII ata a rúa de San Francisco. Aí sumaronse algunhas persoas que non poden facer o percorrido completo, para entrar xuntas na Praza do Obradoiro.  A actividade rematou cun acto de benvida na Praza do Obradoiro, diante do Pazo de Raxoi. 


‘Camiñando polo dano cerebral’ é un proxecto enmarcado no programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Esta actividade conta ademais coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e de Eroski.   

Comentarios
Lo más