A Xunta destaca que no primeiro día con cita presencial pedíronse máis telefónicas

A Xunta destaca que no primeiro día con cita presencial pedíronse máis telefónicas
A Xunta destaca que no primeiro día con cita presencial pedíronse máis telefónicas

As citas telemáticas incrementáronse moi pouco ao día seguinte da apertura por parte do Sergas da cita presencial, ao pasar do 12% ao 14%

A consulta telefónica segue a ser a modalidade de preferencia da cidadanía galega que pide cita co seu médico de atención primaria por vía telemática (internet, teléfono, app). Así o reflicten os datos resultantes logo de que, dende o xoves, o Servizo Galego de Saúde posibilitara que os usuarios poideran xa elixir se desexaban que a cita co seu médico do primeiro nivel asistencial fora presencial.

As citas solicitadas por vía telemática no xoves, foron un total de 15.313, o que representa un 14% da petición de citas totais dese día, que supuxeron un total de 111.384. Desas 15.313 citas solicitadas por vía telemática, 7.197, é dicir, un 47%, escolleron a atención presencial, por tanto a modalidade de atención telefónica segue a ser a preferida das galegas e galegos que piden cita vía telemática.

No día anterior á apertura da posibilidade de pedir cita presencial, é dicir, o mércores 15, as citas solicitadas por vía telemática foron un total de 12.377, o que representa un 12% do total de citas solicitadas dese día, que supuxeron un total de 106.917.

Sinalar, por tanto, que as citas telemáticas, que non supoñen o 15% en global, incrementáronse moi pouco ao día seguinte da apertura por parte do Sergas da cita presencial, ao pasar do 12% ao 14%.

Maior autonomía aos centros

As reformas previstas e prometidas pola Xunta de Galicia para a atención primaria estanse a poñer en marcha tal e como o Executivo galego anunciou, ao tempo que se está a traballar en novas cuestións. O novo modelo que pretende levar a cabo o departamento sanitario permitirá dotar dunha maior autonomía aos centros, así como mellorar a redistribución das tarefas entre as categorías profesionais que desenvolven as sús funcións neles. Tamén está a posibilitar reorganizar a demanda, e levar a cabo accións que incrementen, aínda máis, a relación coa atención hospitalaria.

En definitiva, a Xunta seguirá avanzando e facilitándolle o traballo aos profesionais que exercen o seu labor en atención primaria e ofrecéndolle ás galegas e galegos unha mellor asistencia.

Comentarios
Lo más