Rexeitan o peche da oficina de Muface en Santiago

Rexeitan o peche da oficina de Muface en Santiago
Rexeitan o peche da oficina de Muface en Santiago

A clausura das instalacións compostelás obrigará as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña

Comisións Obreiras (CCOO) rexeita o peche da oficina de Muface (Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado) en Santiago de Compostela, previsto para o vindeiro 30 de setembro. Esta decisión obrigará a todas as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña, onde está a única sede provincial.

A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO, a Federación do Ensino de CCOO e a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO lamentan o «enorme prexuízo» que ocasionará a medida a centos de traballadores e traballadoras do sector público: mestres e mestras, profesorado, persoal de conservatorio, policía nacional, traballadoras e traballadores de Correos...

CCOO lembra que entre as persoas prexudicadas están tamén mutualistas que accederon hai tempo á xubilación e ás cales non sempre lles é doado realizar as xestións de maneira telemática, única opción posible agás que se despracen fisicamente á oficina da Coruña.

Comentarios
Lo más