O alcalde dá por rematada a situación xerada pola vertedura de xurro ao río Tambre

O alcalde dá por rematada a situación xerada pola vertedura de xurro ao río Tambre
O alcalde dá por rematada a situación xerada pola vertedura de xurro ao río Tambre

Xosé Sánchez Bugallo aseverou en rolda de prensa que o episodio provocado pola vertedura de xurro ao río Tambre en Trazo pode darse "por rematado", posto que "todo segue con total normalidade".

Porén, sinalou o rexedor, ademais dos controis na captación, "instalouse unha sonda varios quilómetros máis arriba que está facendo medicións e facilita un dato anticipado". De momento, "todas as medición son perfectametne normais". Esta situación, indicou, "debe facernos reflexionar a todos" sobre o tratamento do xurro e a súa xestión, pois "en Galicia hai miles de balsas". "Tamén en Santiago, Ames e Brión temos que facer unha reflexión porque a nosa captación sae do Tambre e haberá que valorar outras hipóteses alternativas por se o río non se pode usar". O rexedor referiuse ás augas das Brañas de Brins, "pero o seu caudal é moi pequeno".


Outros asuntos
Na comparecencia semanal dos venres, o rexedor referiuse tamén a outros asuntos, como á posta en funcionamento dos bonos "Corazón Compostela", que buscan reactivar o consumo no comercio e na hostalería local. Dende hoxe os establecementos interesados xa poden adherirse á iniciativa, unha "das cousas que se están facendo" para paliar as consecuencias da crise xerada pola COVID, ao igual que as axudas directas, "que espero que este mes fagamos efectivas", unha vez os expedientes sexan revisados polos servizos económicos.

Sánchez Bugallo amosouse moi satisfeito co camiño cara á recuperación que está experimentando o turismo na cidade, como salientan os datos ofrecidos por Exceltur. Segundo esta asociación, indicou o rexedor, "Santiago é o destino máis demandado para o outono".

"O que non me gusta tanto, sinalou, é o exceso da actividade nocturna". O rexedor fixo un novo chamamento á prudencia logo dunha noite na que a Policía local acudiu a 14 pisos por ruidos e disolveu varias concentracións. 

Comentarios
Lo más