Galicia suma 99 contaxios novos e sigue reducindo o impacto da covid-19

Galicia suma 99 contaxios novos e sigue reducindo o impacto da covid-19
Galicia suma 99 contaxios novos e sigue reducindo o impacto da covid-19

A día de hoxe hai 2.280 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.387 deles 633 son da área da Coruña, 470 da de Lugo, 271 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 403 da área de Vigo, 375 da de Santiago e 75 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 79 en unidades de hospitalización e 2.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 176.677 persoas curadas, rexistrándose 2.614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.805.485.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.287.354.

Comentarios
Lo más