Sol e chuvia en Compostela

Sol e chuvia en Compostela
Sol e chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 21 graos

Unha fronte pouco activa chgará a Galicia na segunda metade do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e bancos de néboa no interior. A partir do mediodía comezarán as chuvias polo noroeste e iranse estendendo ao resto da Comunidade co avance da tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá, rolando a noroeste ó paso da fronte.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o sábado pola mañá, o domingo pola tarde e o luns pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso lixeiro aínda que oscilarán.

Comentarios
Lo más