A semana comeza con chuvia

A semana comeza con chuvia
A semana comeza con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 19 graos

O luns Galicia queda nunha zona de transición entre altas e baixas presións, con réxime de ventos do norte. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados na metade sur, mentres que na metade norte os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente norte, aumentando en intensidade a moderado durante o día e con intervalos fortes no litoral atlántico.



En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o domingo pola tarde e o luns pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro.
Comentarios
Lo más