Piden ao Goberno local que mellore a limpeza e o mantemento do acceso e da parcela líndante coa igrexa parroquial de Santa Marta

Piden ao Goberno local que mellore a limpeza e o mantemento do acceso e da parcela líndante coa igrexa parroquial de Santa Marta
Piden ao Goberno local que mellore a limpeza e o mantemento do acceso e da parcela líndante coa igrexa parroquial de Santa Marta

María Castelao, do Grupo Popular, subliña que, a pesar de que concelleira de Medio Ambiente adiantou en xullo de 2020 se ían adoptar medidas urxentes para adecuar a contorna da igrexa, pasado máis de un ano a situación segue a ser practicamente a mesma”

O grupo Municipal Popular, a través da súa vicevoceira, María Castelao, solicitaralle ao Goberno local, no vindeiro Pleno ordinario, que se adopten as medidas necesarias para realizar labores de roza, limpeza e mellora do firme do acceso e dos terreos que rodean a igrexa parroquial de Santa Marta.

Así, lembra que “no mes de xullo do ano pasado xa presentamos unha iniciativa na que dabamos traslado do malestar pola falta de limpeza e mantemento dos arredores da igrexa parroquial situada á beira da rúa Emilia Pardo Bazán e onde se asenta tamén un centro educativo”. Naquel momento, o Grupo Municipal Popular xa expresaba que nesa zona “se acumula maleza, se deteriora o firme e se require dunha actuación en consonancia do que representa para o conxunto do barrio”.

María Castelao subliñou que, a pesar das boas palabras da concelleira de Medio Ambiente que adiantou en xullo de 2020 que se ían adoptar “medidas urxentes” para adecuar a contorna da igrexa, pasado máis de un ano, a situación segue a ser practicamente a mesma. A concelleira popular inscribe esta nova proposta no conxunto de iniciativas coas que, desde o inicio do mandato, “vimos advertindo da necesidade de levar a cabo distintas actuacións que poñan remedio ás constantes demandas da veciñanza da zona que reclaman atencións e servizos básicos que solucionen as carencias que padecen desde hai moito tempo”.

Comentarios
Lo más