Creadas 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos

Creadas 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos
Creadas 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos

O Diario Oficial de Galicia publicou o luns a resolución desta nova orde que permitirá crear 71 novos centros: 21 na provincia da Coruña, 15 na de Lugo, 26 na de Ourense e nove na de Pontevedra

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da orde de axudas de casas do maior, a través da cal a Xunta creará 355 novas prazas de atención diúrna para galegos de máis de 60 anos. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá a casa do maior de Laxe, un dos 20 primeiros centros creados na comunidade coa primeira convocatoria.

A conselleira destacou que estes pequenos centros de día permiten que os municipios que non contan con recursos de conciliación poidan ofrecer terapias e actividades ás persoas maiores dentro do seu entorno. Tras o éxito da primeira orde de axudas, o Goberno galego decidiu ampliar a súa extensión para chegar a máis xente.

Esta nova orde permitirá crear 71 centros dos cales 21 estarán na provincia da Coruña, 15 na de Lugo, 26 na de Ourense e nove na provincia de Pontevedra. Fabiola García sinalou que Laxe converteuse nun modelo a seguir nos coidados das súas persoas maiores. Mostra diso é que outros concellos da zona como Ponteceso, Camariñas, Muxía, Carnota, Mazaricos ou Cee abrirán casas do maior.

Novidades desta convocatoria

Nesta nova convocatoria incluíronse unha serie de novidades como que as persoas usuarias non teñen por que ter un grao de dependencia recoñecido, puidéronse solicitar para calquera concello sen recurso de conciliación similar e ofrecéronse axudas para que as persoas promotoras poidan asumir o desprazamento das persoas maiores desde e cara os centros.


Imaxes relacionadas



Comentarios
Lo más