Locerá o sol en Compostela

Locerá o sol en Compostela
Locerá o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 21 graos

Galicia estará durante o mércores baixo influencia anticiclónica, coas altas presións centradas ó suroeste de Irlanda. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte, coa posibilidade dalgunha chuvia no norte da provincia de Lugo e ceos despexados na metade sur. Pola tarde medrarán nubes de evolución, que mesmo poden deixar algún chuvasco treboento no sueste. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade a moderados pola tarde.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios.

Comentarios
Lo más