Chegan as nubes a Compostela

Chegan as nubes a Compostela
Chegan as nubes a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 21 graos

O xoves Galicia queda baixo a influencia anticiclónica en superficie, mantendo o réxime de ventos do nordés, pero con aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Así, agárdase unha mañá de ceos abertos, con máis nubes no norte de Lugo, onde se poderá rexistrar algunha chuvia feble; pola tarde as nubes serán máis abundantes en xeral. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do nordés con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o venres pola tarde e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.

Comentarios
Lo más