O Grupo Popular denuncia o “culebrón” nas obras que se están a executar na rúa Concheiros e na súa contorna

O Grupo Popular denuncia o “culebrón” nas obras que se están a executar na rúa Concheiros e na súa contorna
O Grupo Popular denuncia o “culebrón” nas obras que se están a executar na rúa Concheiros e na súa contorna

Antón Vilasánchez subliña que a situación aínda é máis grave, posto que o comportamento do Grupo de Goberno “supón unha nula valoración dos efectos colaterais, sobre todo, na repercusión que as obras eternas teñen no sector privado e na veciñanza”

A concelleira do Grupo Municipal Popular, María Antón, denunciou, en rolda de prensa, o “culebrón” nas obras que se están a executar na rúa Concheiros e na súa contorna. A Popular subliñou que esta situación, “podería ser ata cómica se non estivéramos falando de cartos públicos, de eficiencia e eficacia na xestión dos recursos públicos, porque o que está a acontecer en Concheiros é unha demostración do desleixo dunha Administración municipal que está en fin de ciclo”.

Antón Vilasánchez subliña que a situación aínda é máis grave, posto que o comportamento do Grupo de Goberno “supón unha nula valoración dos efectos colaterais, sobre todo, na repercusión que as obras eternas teñen no sector privado e na veciñanza”.

Así mesmo, a concelleira Popular remarcou a falta de sensibilidade do Goberno local e de control da obra, para o que puxo dous exemplos: as medidas correctoras do impacto das obras no que atinxe aos accesos a negocios, cuestión polo que foi especialmente valorada a empresa adxudicataria, que son inapreciables, xa que “a rúa estivo, e está, intransitable” ou o que afecta ao Cruceiro de San Pedro, onde a oferta gañadora determina que “permanecerá balizado en todo momento protexéndoo cun xeotextil e un caixón taboleiro fenólico ata 2 metros de altura e a realidade é outra”. O Concello tiña que ser máis contundente xa que a realidade desminte o escrito.

A actuación da reurbanización da rúa Concheiros debe entenderse incardinada e coordinada, con outras actuacións, necesariamente complementarias, como a mellora e a integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago; o estacionamento en superficie e urbanización da rúa Altiboia; e a mellora da accesibilidade en rúa Triacastela. Ademais do estacionamento en superficie en rúa Triacastela e a reurbanización da rúa dos Concheiros e a Cruz de San Pedro.

Antecedentes

A interpelación ao concelleiro de Obras, que presentará o Grupo Popular no vindeiro Pleno ordinario, nace dunha noticia publicada a principios deste mes de setembro, onde se daba conta das “incidencias” atopadas na rúa Concheiros á altura dos números do 10 ao 22, é dicir, entre o ascensor de Triacastela  e o número 10 da propia rúa Concheiros.

“Esta noticia produciu estupor no Grupo Popular porque se hai, ou debera haber, un ámbito estudado profundamente é o que afecta a esta rúa e as súas singularidades, non só polo proxecto en si da reurbanización de Concheiros, senón tamén polos proxectos de Triacastela, ascensor e aparcamento que, como dixen antes, están intimamente relacionados”.

O propio proxecto define 3 ámbitos de actuación: primeira metade da Rúa desde a Avenida de Lugo ata Triacastela; segunda metade, desde Triacastela ata rúa de San Pedro; e  a contorna do Cruceiro de San Pedro. Defínense distintos ámbitos de actuación porque a rúa non é homoxénea, as súas características obrigan a suxerir solucións adaptadas a cada realidade urbanística. Ademais, o proxecto destaca a singularidade do tramo 2 desde o principio na propia memoria cando describe a situación e o emprazamento da obra.

María Antón destacou que, para o Grupo Popular, “é grave que o Concello non se tivera preocupado en tempo e forma por esta cuestión e licitara un proxecto que, evidentemente adoece, de rigorosidade, porque este documento é de responsabilidade exclusiva do Concello, na súa concepción e na súa execución”.

“O Concello, xa coñecía a situación destas edificacións que hoxe teñen aberto un expediente en disciplina urbanística ou que se lles vai a abrir. O Concello xa coñecía a existencia de depósitos de gas na contorna, porque houbo que paralizar o arranque la obra do ascensor de Triacastela en outubro do 2018, precisamente porque existía un depósito de gas que non retiraba o seu propietario pese a serlle requirido e tívoo que sacar a empresa para poder iniciar os traballos que se demoraron desde o inicio da aprobación do expediente en novembro de 2017 ata a inauguración do mesmo en abril de 2019”, aclarou.

E engadiu que “ademais coñecía a situación porque na redacción do proxecto do parking de Triacastela tamén se describe a contorna e é visible que a diferencia de cota amosa esas vivendas que se ven baixo a rasante da rúa Concheiros”. Polo tanto, o que resulta incrible, remarca Antón, é que “agora desde o Concello, co concelleiro de Obras á cabeza, se trate de enviar unha mensaxe á opinión pública de que a paralización dos traballos de reurbanización neste tramo 2 obedece a unha situación sobrevida, ex novo, cando a realidade é outra”.

“Por iso, dixo, demandamos respostas, porque en todo este proceso, de máis de 8 anos, non é posible que ninguén puxera enriba da mesa esta problemática”.

Aparcamento de Triacastela

A concelleira tamén preguntará polo retraso da obra do aparcamento de Triacastela, por dúas cuestións: a primeira porque Triacastela é a bolsa de aparcamento que aliviaría a minoración de prazas en Concheiros, con respecto á obra en si, como xa denunciou o Grupo Popular, o Concello licitou e adxudicou a obra do parking no mes de xaneiro de 2021 cun prazo de execución de 4 meses, mais a obra non ten comezado e “queremos saber os motivos e, segunda, porque entre o aparcamento e a rúa está prevista unha actuación a través da finca nº 14 que foi expropiada e que supoñemos é a descrita no expediente que foi aprobado en XGL en febreiro do 2020, pero non se atopa materializada en ningún dos proxectos existentes”.

En definitiva, os Populares demandará respostas ao concelleiro de obras sobre a previsión do Concello para remate das obras de Concheiros, as contratadas e as que deberá contratar, así como as explicacións do retraso no inicio da obra do parcamento e unha data para o seu inicio e, finalmente, onde está contemplada a senda peonil que unirá o parking de Triacastela coa rúa concheiros a través da finca expropiada.

Comentarios
Lo más