Santiago é o municipio galego con maior población flotante

Santiago é o municipio galego con maior población flotante
Santiago é o municipio galego con maior población flotante

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica a actividade estatística Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia, cuxo obxectivo é cuantificar a poboación que soportan os concellos en cada trimestre do ano.

Santiago de Compostela é o concello galego con maior población flotante que non reside no municipio, xa sea por turismo, estancias en segundas vivendas, estudos, traballo ou problemas de saúde,   según os datos que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

A carga de poboación representa a media trimestral de persoas equivalentes a tempo completo que soporta un concello; obtense a partir da poboación residente, sumándolle a poboación de entrada (non residentes presentes) e restándolle a poboación de saída (residentes ausentes). O saldo poboacional entre os non residentes que entran e os residentes que saen mide a diferenza entre a poboación presente e a poboación residente.

No primeiro e cuarto trimestre de 2019 os concellos con maiores saldos poboacionais son as sete grandes cidades, xunto cos concellos de O Porriño, Sanxenxo e San Cibrao das Viñas. No segundo trimestre de 2019 O Grove ocupa o lugar de San Cibrao das Viñas entre os dez concellos con maior saldo. E no terceiro trimestre os concellos de Ferrol, O Porriño e San Cibrao das Viñas xa non se atopan entre os dez que teñen un maior saldo poboacional, sendo substituídos polos concellos costeiros do Grove, Nigrán e Baiona.

Pola contra, no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2019 os concellos con saldos poboacionais máis negativos son concellos no contorno das grandes cidades, tales como Ames, Oleiros, Narón, Cambre, Teo, Culleredo, Redondela, Ponteareas ou Barbadás. No terceiro trimestre de 2019 a intensidade do saldo poboacional negativo deses concellos redúcese.

Tamén resulta interesante que, mentres no primeiro, segundo e cuarto trimestres de 2019 a maioría de concellos teñen un saldo poboacional negativo (232, 188 e 195 concellos con saldo negativo nos correspondentes trimestres), no terceiro trimestre esta situación invértese, pasando a ter un saldo poboacional positivo (249 concellos con saldo positivo).


Comentarios
Lo más