Ceos anubrados para comezar a semana

Ceos anubrados para comezar a semana
Ceos anubrados para comezar a semana

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 20 graos

O luns comezaremos a xornada aínda coa fronte cruzando Galicia. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias que irán remitindo ao longo da mañá para quedar cunha tarde de alternancia de nubes e claros e sen chuvias. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Santiago,  ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados.  As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado.

Comentarios
Lo más