Piden que aumente a vixilancia no Parque de Ramírez para evitar os botellóns

Piden que aumente a vixilancia no Parque de Ramírez para evitar os botellóns
Piden que aumente a vixilancia no Parque de Ramírez para evitar os botellóns

Ramón Quiroga denuncia que, nas últimas semanas, son frecuentes as queixas da veciñanza polas molestias ocasionadas como consecuencia das concentracións de persoas que se rexistran polas noites neste parque, especialmente os xoves e venres

O Grupo Municipal Popular, a través do seu vicevoceiro, Ramón Quiroga, presentará un rogo no vindeiro Pleno ordinario, para que o Goberno local incremente a vixilancia no Parque de Ramírez, co fin de evitar as concentracións de persoas, tal e como marca a normativa que prohibe o consumo de bebidas no espazo público e os ruídos durante o horario nocturno.

Ramón Quiroga denuncia que, nas últimas semanas, son frecuentes as queixas da veciñanza polas molestias ocasionadas como consecuencia das concentracións de persoas que se rexistran polas noites no parque de Ramírez, especialmente os xoves e venres, onde se consumen bebidas no espazo público e se ocasionan ruídos que impiden o descanso nas vivendas dos arredores.

Estas situacións, que van en incremento en distintas zonas da cidade supoñen un grave deterioro na calidade de vida da veciñanza compostelana, polo que o Goberno local debería poñer as medidas necesarias para que no se produzan e acaben converténdose nun problema constante.

Comentarios
Lo más