A veciñanza da Baña gozou na Romaría Xacobea do Seilán antes de degustar polbo e carne ao caldeiro

A veciñanza da Baña gozou na Romaría Xacobea do Seilán antes de degustar polbo e carne ao caldeiro
A veciñanza da Baña gozou na Romaría Xacobea do Seilán antes de degustar polbo e carne ao caldeiro

A música dos Campantes da Baña e as exhibicións e talleres de artesanía foron algúns dos atractivos

A veciñanza da Baña que se achegou ata a carballeira do Seilán gozou coa primeira Romaría Xacobea ao ritmo da música dos Campantes da Baña, conversando con familiares e coñecidos e contemplando como se fan os sombreiros, cestos ou cuncas de barro.

20210926 Romaria Xacobea Seilan2

Algúns participaron nos talleres e obradoiros de artesanía para aprender das máis vellas do lugar como se fan os sombreiros de palla; cunha moza que apostou pola cosmética natural e as conservas naturais, ou cun experimentado oleiro de Muros. Foron algunhas das propostas para animar a participar ás persoas asistentes a esta primeira Romaría Xacobea do Seilán antes de compartir mesa nun xantar popular. 

20210926 Romaria Xacobea Seilan8

Empanada, polbo e carne ao caldeiro foi o menú que degustaron máis dun cento de comensais, xa cando o alumnado do obradoiro de emprego Mocidade 2020 tiña practicamente rematado o acondicionamento das rotondas da estrada que vai a Lañas. Aquí cubriron con céspede dúas das zonas e debuxaron unha cruz xacobeo na máis grande. Unha proposta que serviu para amosar o que levan aprendido nestes nove meses de formación.

20210926 Romaria Xacobea Seilan9

E coa música dos campantes da Baña, Os Monifates, SilvaRedonda e Faíscas da Pontagra continuou a festa durante toda a tarde.

Comentarios
Lo más