Piden ao Goberno local que regule e explote los expositores publicitarios para obter "ingresos"

Piden ao Goberno local que regule e explote los expositores publicitarios para obter "ingresos"
Piden ao Goberno local que regule e explote los expositores publicitarios para obter "ingresos"

Sánchez-Brunete explicou que o feito de que non se estean explotando por parte do Concello trae varios problemas, como a perda de obter ingresos voluntarios; a dificultade do seu mantemento, e, ademais, desaprovéitase un soporte para que empresas físicas e de proximidade poidan anunciar os seus produtos ou servizos

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete solicitoulle hoxe ao Goberno local que proceda a regular os expositores de publicidade urbana, tamén coñecidos como “mupis”, valorando previamente a idoneidade da súa localización.

No transcurso da rolda de prensa, Sánchez-Brunete explicou que o feito de que no se estean explotando por parte do Concello trae varios problemas, o primeiro é que significa unha perda de obter ingresos voluntarios; en segundo lugar, esta situación dificulta o seu mantemento, polo que é doado velos cheos de pintadas e con carteis pegados nas súa cristaleiras; e, ademais,  desaprovéitase un soporte axeitado para que empresas físicas e de proximidade poidan anunciar os seus produtos ou servizos.

O portavoz Popular explicou que, desde xaneiro do ano 2020, o Concello é o titular lexítimo dos denominados “mupis” e, desde entón, tales expositores non se explotan comercialmente de modo directo, nin se saca a concurso a súa explotación, malia que xa van case dous anos desde que o Concello pode dispoñer destes elementos urbanos, que soportan unha historia complexa marcada por unha neglixencia cometida no seu día que lle impediu á administración local regular un servizo que se iniciou en 1991. A inactividade mantida respecto deste elementos urbanos desde xaneiro de 2020 fixo que o PP preguntara no Pleno pola súa recuperación en febreiro daquel ano, obtendo como resposta do concelleiro responsable que se “está a traballar no estudo dunha nova licitación”. 

Comentarios
Lo más