Piden que se retome o proxecto de mellora das pistas deportivas de Figueiras

Piden que se retome o proxecto de mellora das pistas deportivas de Figueiras
Piden que se retome o proxecto de mellora das pistas deportivas de Figueiras


Xan Duro preguntará no Pleno polas previsións do Goberno para acometer esta actuación, despois de resolver o contrato coa empresa adxudicataria en marzo

Compostela Aberta preguntará no Pleno da próxima semana polas previsións do Goberno local para a execución das obras de mellora dos equipamentos deportivos e sociais da parroquia de Figueiras. O concelleiro Xan Duro lembra que o contrato coa empresa adxudicataria destes traballos quedou resolto a finais de marzo por incumprimento dos prazos, “e desde entón descoñecemos que pasos se están dando para que Figueiras poida contar por fin coa pista cuberta proxectada”.

As obras de mellora dos equipamentos deportivos e sociais de Figueiras quedaron adxudicadas ao remate do pasado mandato, en marzo de 2019, cun orzamento de 255.000 euros procedentes do POS+ 2018 e un prazo de catro meses. En decembro de 2020, o Goberno local iniciou os trámites para resolver o contrato coa empresa adxudicataria polo atraso na execución das obras, resolución que non foi aprobada ata marzo de 2021. Transcorridos seis meses desde ese acordo da Xunta de Goberno, o concelleiro Xan Duro instou ao Goberno “a poñer en marcha os mecanismos necesarios para finalizar as obras, moi demandadas pola veciñanza  de Figueiras e especialmente acaídas nun momento no que se requiren máis espazos exteriores cubertos”. O proxecto incluía a construción dun muro de contención e a cobertura da pista deportiva exterior, o acondicionamento dos vestiarios, e a dotación dunha nova pista de pádel.

Comentarios
Lo más