Luz Couce nova directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago

Luz Couce nova directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago
Luz Couce nova directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago

Os membros do Comité reitor  agradeceron o traballo desenvolvido por José Castillo, o director saínte

O consello reitor do IDIS aprobou este luns o nomeamento de Luz Couce como directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

A pediatra Luz Couce é lider do grupo de Investigación de Enfermidades Metabólicas do IDIS, xefa do servizo de Neonatoloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, profesora titular da USC e responsable da Unidade de Enfermidades Metabólicas Conxénitas, designada Centro de Referencia Europea pola Comisión Europea e Centro nacional de Referencia (CSUR) polo Ministerio de Sanidade.

Os membros do consello reitor agradeceron expresamente o labor desenvolvido por José Castillo, director científico do IDIS desde o ano 2011. E destacaron o incremento de case un 300% na captación de recursos anuais para a investigación, pasando do pouco máis de 8 millóns de euros anuais no 2011 a máis de 31 millóns no pasado ano 2020. Así como o incremento na produción científica en máis dun 155% e un 87% máis de proxectos captados.

Comentarios
Lo más