Santiago participa como caso de éxito na feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players

Santiago participa como caso de éxito na feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players
Santiago participa como caso de éxito na feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players

A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participou na Feira DestinaXtion – Connecting Tourism Players, organizada por Turobserver, que ten por obxectivo dinamizar a internacionais, conectando aos seus responsables con turoperadores, axencias, aerolíñas e provedores tecnolóxicos, entre outros actores do sector.

Dende a organización solicitaron a Turismo de Santiago que participase na Mesa Sostenibilidade en Destinos Turísticos: casos de éxito. Nesta mesa, a presentación da entidade municipal titulouse: Santiago de Compostela: cara unha xestión intelixente e sostible do turismo.


Turismo de Santiago explicou tres proxectos nos que se está traballando actualmente dende o Concello, que inclúen o uso das Novas Tecnoloxías para desenvolver un modelo de xestión turística sostible: o Proxecto europeo Bodah para a xestión de fluxos, liderado por Turismo de Santiago, o Proxecto Smartiago para a xestión da mobilidade, a iluminación e os residuos no Casco Histórico, e o Plan de Sostibilidade Turística, xestionados estos dous últimos directamente polo Concello.

DestinaXtion - Connecting Tourism Players, é una feria virtual gratuita de aforo limitado e en formato bilingüe, dirixida a destinos turísticos, turoperadores, aeroliñas, maioristas e provedores tecnolóxicos. Celébrase os días 29 e 30 de setembro, con dúas xornadas completas de networking. 
Comentarios
Lo más