Rapaces de entre 5 e 14 anos xa poden inscribirse no curso de corda para nenos da Escola de Altos Estudos Musicais

|

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nesta ocasión nas especialidades de violín, violoncello e viola e contrabaixo. As clases comezarán en novembro e prolongarase ata o mes de maio de 2021.


Esta iniciativa diríxese a rapaces, estudantes de corda, de entre 5 a 14 anos de idade. O centro ofrece un total de 18 prazas. Delas 12 son para a especialidade de violín, 4 para a de violoncello e 2 para a de viola. Os profesores son docentes da propia Escola e, á súa vez son, na súa maioría, músicos integrantes da Real Filharmonía de Galicia.


O 15 de novembro remata o prazo para presentar as solicitudes


Os alumnos interesados en participar neste curso deberán presentar unha solicitude ata o 15 de novembro, a través da páxina web da Escola -www.eaem.es-. Para acceder ao mesmo, o 19 de novembro, ás 16:30 horas, realizarase unha audición na sede da EAEM, onde os rapaces deberán interpretar unha obra de libre elección.


En canto aos contidos desta experiencia formativa, serán un mínimo de dez horas de preparación individual repartidas ao longo de todo o curso. Tamén haberá un mínimo de cinco horas de actividades colectivas de agrupación instrumental, sempre que a situación sanitaria o permita. E, ademais, realizarase un concerto de fin de curso, no mes de xuño, onde os alumnos interpretarán tanto obras individuais como de conxunto como colofón aos seus estudos, se as circunstancias sanitarias o aconsellan.


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.