Preguntan ao Concello polas razóns para impedir o uso dos vestiarios no deporte base

Preguntan ao Concello polas razóns para impedir o uso dos vestiarios no deporte base
Preguntan ao Concello polas razóns para impedir o uso dos vestiarios no deporte base


A normativa autonómica permite a súa utilización ao 100% cando dispoñen de cabinas e ao 50% se non dispoñen delas



O Grupo Municipal Popular, a través do concelleiro Evaristo Ben, vai presentar unha iniciativa para que o Concello explique as razóns polas que mantén pechados os vestiarios das instalacións deportivas onde desenvolven a súa actividade os equipos do deporte base, causando grandes molestias e incomodidades.


O impedimento do acceso aos vestiarios está a provocar frecuentes queixas posto que fai que os deportistas teñan que vir coa roupa deportiva desde as súas casas ou, en caso contrario, cambiarse ao aire libre, coa incomodidade e o frío que iso conleva, especialmente no caso de nenos e nenas de curta idade. A maiores, tamén se impide o uso das duchas, unha circunstancia especialmente molesta para aqueles deportistas procedentes doutros concellos.


Para o concelleiro popular, esta situación de peche dos vestiarios “aínda que puido ter sentido hai meses polas prevencións sanitarias, non se debe manter na actualidade, posto que a normativa autonómica xa permite a utilización dos vestiarios e aseos das instalacións deportivas ao 100% cando dispoñen de cabinas e do 50% se non dispoñen delas. No caso das duchas, nas instalacións pechadas está permitido o uso ao 50% teñan ou non cabinas”.

Comentarios
Lo más