A compostelá María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación

A compostelá María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación
A compostelá María Meijide gaña o Premio Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación

Á convocatoria concorreron 135 obras prodecentes dun total de 23 países

A compostelá María Meijide coa súa obra “Drama en el polígono” é a gañadora do XVI Premio Internacional de arte gráfica convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

A obra de María Meijide, elaborada con técnica mixta (litografía sobre aluminio + chine collé) foi escollida por un xurado composto por Miriam Pérez Fernández, Marta María Fermín Rodríguez, Isabel García Elorrieta, Manuel Ignacio Martínez Antelo e Jesús Mateos Brea, e presidido pola responsable da área de Igualdade da Deputación da Coruña, María Muíño, coa xefa de Servizo de Acción Cultural, Mercedes Fernández-Albalat Ruiz como secretaria. Na xuntanza, celebrada na Fundación CIEC de Betanzos, tamén estiveron presentes o comisario do premio, Pedro Galilea, e o presidente da Fundación CIEC, Jesús Núñez.

“Drama en el polígono” foi escollida como gañadora entre as 135 obras presentadas que procedían de 23 países distintos e o xurado salientou no seu ditame “o tratamento do debuxo, a textura da imaxe e a utilización de técnicas tradicionais como a litigrafía para facer un debuxo lúdico e menos clásico”.

“Utiliza a estética do comic actualizada, á que achega elementos propios da litografía”, argumenta o xurado na relación de méritos para a concesión do premio polo que a artista gañadora recibirá un total de 6.500 euros .

O xurado decidiu conceder tamén dous accésits a Juan Escudero García, pola súa obra “3 grados” e a Julia Marco, por "Places: One", que se beneficiarán dunha Bolsa de Formación nun Curso do Máster sobre obra gráfica que organiza a Fundación CIEC.

Comentarios
Lo más