O PP denuncia que o Concello de Santiago ten "paralizados" 3 millóns do plan de sostenibilidade turística

O PP denuncia que o Concello de Santiago ten "paralizados" 3 millóns do plan de sostenibilidade turística
O PP denuncia que o Concello de Santiago ten "paralizados" 3 millóns do plan de sostenibilidade turística

“¿Que fixo o concello de Santiago neste último ano? Nada ¿Canto orzamento executou destes tres millóns de euros concedidos? Cero euros”, denunciou Verea apuntando ademais “que nin sequera a Oficina Técnica do Plan está en marcha”.

Borja Verea, presidente dos populares composteláns e deputado autonómica denunciou esta semana no Parlamento de Galicia que o “Concello de Santiago ten paralizados tres millóns de euros do Plan de Sustentabilidade Turística”.

Na sesión de onte do Parlamento de Galicia analizábanse os proxectos presentados e aprobados dentro da Estratexia  de Sustentabilidade Turística en Destino. Este programa é o principal mecanismo de colaboración entre a administración xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais no proceso de transformación do sector turístico para avanzar cara a un modelo baseado na sustentabilidade.

Na convocatoria do ano 2020, presentáronse 15 proxectos desde toda a xeografía galega sendo elixidos unicamente os presentado polo consorcio Ribeira Sacra e polo concello de Santiago de Compostela, este último dotado con tres millóns de euros.

O deputado compostelán destacou na súa interveción que “a execución deste plan é responsabilidade do concello de Santiago” e que “a falta de xestión que levamos vendo os dous últimos anos na cidade en cuestións básicas como o transporte urbano, a recollida de lixo ou a incapacidade para rematar as obras repítese tamén na execución do Plan de Sustentabilidade Turística”. Nesta liña engadiu que “se ben o compromiso da Xunta de Galicia con este proxecto foi total desde o primeiro momento, financiando o mesmo e apostando por el xa que foi un dos dous únicos aprobados na primeira convocatoria, o concello de Santiago non está respondendo a esta confianza coa mesma eficacia”.

“¿Que fixo o concello de Santiago neste último ano? Nada ¿Canto orzamento executou destes tres millóns de euros concedidos? Cero euros”, denunciou Verea apuntando ademais “que nin sequera a Oficina Técnica do Plan está en marcha, e o que é máis grave, un Plan que é alleo aos axentes turísticos e económicos da cidade cunha falta total de transparencia”. Ademais, continuou, “da pouca documentación que coñecemos hai erros de calado como falar do túnel da Galuresa, que non existe, ou esquecer o polígono da Sionlla” como indicadores da pouca rigorosidade e solvencia do Plan.

O parlamentario popular rematou insistindo “na preocupación polo desenvolvemento deste Plan e o risco de perder estes tres millóns de euros tan importantes para a cidade e que son fundamentais para axudar na transformación turística de Compostela cara a un modelo máis sustentable”.

Comentarios
Lo más