Domingo baixo o sol

Domingo baixo o sol

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 21 graos

Unha xornada máis de influencia anticiclónica sobre Galicia, con circulación do nordés. Con esta situación agárdanse ceos pouco nubrados, con nubes de estancamento no norte de Lugo. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior, moderados na costa, fortes entre Bares e Fisterra na segunda metade do día.



En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.
Comentarios
Lo más