A semana comeza con bo tempo

A semana comeza con bo tempo
A semana comeza con bo tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 23 graos

As altas presións continuarán dominando a situación meteorolóxica, impedindo a chegada de borrascas atlánticas e achegando aire cálido dende o sur. Isto quere dicir que teremos unha nova xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con néboas matinais nos vales do interior e algunha nube alta que non impedirá o paso do sol. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos fortes en puntos do litoral norte da Coruña e na Mariña lucense.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro.



Comentarios
Lo más