Avanzan a bo ritmo as obras do tramo da vía verde en Oroso

Avanzan a bo ritmo as obras do tramo da vía verde en Oroso
Avanzan a bo ritmo as obras do tramo da vía verde en Oroso

As obras do tramo que transcurre polo Concello de Oroso da Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda pola antiga vía do ferrocarril avanzan a moi bo ritmo

A vía vai tomando forma e xa é posible ver algunas das súas características: un camiño para desfrutar da natureza, andar, facer deporte e relaxarse nunha contorna natural idónea.

Aínda falta engadir a zahorra nalgúns tramos, o carril-bici e outros elementos, pero os veciños e visitantes pronto poderán ver esta parte da vía finalizada.

A actuación neste primeiro tramo, cun orzamento de case 800.000 euros, suporá “un importante impulso económico, medioambiental e deportivo para o concello”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde.

A primeira Vía Verde da provincia da Coruña terá unha lonxitude de 36,5 quilómetros. Para completar o proxecto, o Concello de Oroso fará un carril-bici que conectará o casco urbano de Sigüeiro coa vía.

Comentarios
Lo más