Continúa o 'veroño' en Compostela

Continúa o 'veroño' en Compostela
Continúa o 'veroño' en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 25 graos

Non teremos cambios significativos durante esta xornada, coas altas presións bloqueando a chegada das borrascas atlánticas. Isto quere dicir que de novo os ceos estarán moi despexados, con néboas matinais illadas en puntos do interior. As temperaturas non terán cambios significativos, polo que de novo haberá unha gran oscilación térmica entre as mínimas e as máximas. Os ventos soprarán do leste, con intervalos fortes no extremo norte da Comunidade.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios