Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao río Tambre en Oroso

Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao río Tambre en Oroso
Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao río Tambre en Oroso

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron o foco no lugar de Sigüeiro durante a atención dunha alerta de vertido na marxe dereita do río

As comprobacións realizadas polo persoal da Xunta na zona permitiron identificar a orixe do foco nunha rede de pluviais no lugar de Sigüeiro, que causaba infiltracións desde a rede de saneamento municipal cara ao río.

O persoal de Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Oroso co obxectivo de que levase a cabo as actuacións necesarias para emendar o punto de vertido.

Nunha nova inspección efectuada ao lugar por parte do persoal de Augas de Galicia confirmouse que as actuacións do Concello, de construción e mellora do tramo colector da rede de saneamento, reparando as filtracións nos pozos de pluviais, permitiron o cese do vertido de augas residuais ao río Tambre.

Comentarios
Lo más