Comezan a baixar as temperaturas

Comezan a baixar as temperaturas
Comezan a baixar as temperaturas

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 22 graos

O xoves as altas presións desprazaranse lixeiramente cara o leste quedando cunha circulación do sueste moi pouco definida. Deste xeito, os ceos presentarán poucas nubes, algunhas de tipo alto pero que non impedirán completamente o paso do sol. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas seguirán sen cambios significativos o con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio da compoñente sur.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán notablemente.

Comentarios
Lo más