Domingo fresco e nublado

Domingo fresco e nublado
Domingo fresco e nublado

As temperaturas oscilarán entre os 14 e os 18 graos

Trala fronte o domingo quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con circulación de ventos do suroeste. Agárdase así un día de ceos nubrados, con máis nubes ao oeste onde se poden rexistrar algunhas chuvias febles á mañá. Pola noite, a chegada dos restos dunha fronte traerá chuvias febles e ocasionais. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente sur, frouxo con intervalos moderados en terra, e moderado no litoral atlántico.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións do sábado pola mañá ó domingo pola mañá, o domingo pola noite e o martes pola noite. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios