A semana comeza con nubes

A semana comeza con nubes
A semana comeza con nubes

As temperaturas oscilarán entre os 16 e os 21 graos

Galicia quedará durante esta xornada entre a borrasca localizada ao oeste de Irlanda e as altas presións do Mediterráneo occidental, con circulación do suroeste que achegará humidade. Así, teremos o ceo parcialmente nubrado, con algunhas chuvias febles no litoral atlántico pola mañá. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente sur con intervalos moderados, sendo fortes no litoral da Costa da Morte.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións  do martes pola noite ó mércores pola tarde. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios