O Concello suprime o mercado dos sábados en Fontiñas

O Concello suprime o mercado dos sábados en Fontiñas
O Concello suprime o mercado dos sábados en Fontiñas

A Xunta de Goberno Local aprobou suprimir o mercado dos sábados en Fontiñas

O executivo municipal acordou non autorizar a creación dun mercadiño de venta ambulante na rúa París do barrio de Fontiñas. A razón é que, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas non acadan os dous requisitos mínimos que a base primeira das aprobadas determina como condición para o establecemento do mesmo: contar cun mínimo de 65 postos, e que do total dos postos, un máximo do 60% se destinen á venda de textil, calzado e confección e o 40% restante a outras actividades.


Polo tanto, ao non darse esa diversificación da actividad, acordouse suprimir, a partir deste sábado, a celebración do mercado semanal que mediante autorización temporal e de carácter excepcional, se realizaba durante a mañana dos sábados na rúa París no barrio de Fontiñas. Explicouno o alcalde, quen sinalou que a súa continuación non "tiña razón de ser", xa que, ao irse abrindo os mercadiños doutros concellos, cada vez había menos postos. Sánchez Bugallo recoñeceu que sí funcionou durante a pandemia, pero agora xa non. En todo caso, non se descarta a posibilidade, indicou, de que se poida celebrar de novo pero en "momentos puntuais". 

Comentarios