Tempo sen cambios en Compostela

Tempo sen cambios en Compostela
Tempo sen cambios en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 22 graos

O martes a aproximación a Galicia dunha fronte polo noroeste intensificará a circulación de ventos do sur. Teremos así unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes no oeste e sur da Comunidade. A fronte traerá chuvias puntualmente intensas pola noite. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o martes, o mércores e o xoves. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios