Nubes e chuvascos en Compostela

Nubes e chuvascos en Compostela
Nubes e chuvascos en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 17 graos en Compostela 

O mércores Galicia queda na influencia dunha borrasca situada ao noroeste que deixa un réxime de ventos do suroeste. Así, agárdanse ceos nubrados con chuvias que serán máis persistentes nas provincias da Coruña e Pontevedra e máis illadas e ocasionais nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do suroeste, moderado, máis intenso á tarde, con intervalos fortes no litoral norte e zonas altas.



En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións do martes pola noite ó mércores pola noite e o xoves pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado aínda que oscilarán.


Comentarios